A Asociación Xuvenil Cultural -Recreativa "7 de xuño de 1836" organizará nos meses de setembro e outubro o I Torneo Xoven de Fútbol. A inscrición farase, ata o 24 de setembro, no teléfono 628571902 (entre as 13 e as 16 horas e entre as 20 e as 22 horas) ou no correo
dodro_7xunio1836@hotmail.com. A cota de inscrición será de 32€ por equipo, cota que se debe ingresar na conta: 2091-0329-11-3000043945 de Caixagalicia.
O torneo comezará os días 1 e 2 de outubro xogarase os venres á noite e os sábados á tardiña no pabellón de Dodro. O torneo como moito durara tres fins de semana, polo que cada equipo xogará máis dun partido ó día.
O día 25 de setembro celebrarase o sorteo do torneo, a a noitiña e na aldea de Bexo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario