miércoles, 28 de diciembre de 2011

lunes, 17 de octubre de 2011

Regualmento de Réxime Interno

Artigo 1.- Os cargos que compoñen a Xunta Directiva desenvolveranse en períodos de cinco anos, prorrogables salvo decisión dos 2/3 da Asemblea Xeral, dimisión da Xunta Directiva ou do Presidente. Ó fin dos cinco anos realizarase unha convocatoria de Asemblea Xeral Extraordinaria, na que se elixirán todos os cargos da Xunta Directiva, necesitando maioría de 2/3 para a súa elección.


Os membros da Xunta Directiva, así como toda ela, poderán dimitir cando queiran, dimisión que deberá aprobar a Asemblea Xeral con maioría absoluta. Os membros da Xunta Directiva cesan automaticamente o día antes de cumprir 30 anos.

Artigo 2.- No caso de vacante dun ou varios membros da Xunta Directiva, agás a do Presidente, cubrirase o posto ou postos da seguinte forma. Os socios interesados presentarán a súa candidatura a ese posto á Xunta Directiva, elixindo esta, de entre todas elas, un máximo de tres candidaturas, que serán presentadas ós socios en Asemblea Xeral Extraordinaria para que elixan, con maioría de 2/3 a un deles. No caso de haber unha soa candidatura os socios votarán se a aceptan ou non.

Se o elixido pertence á Xunta Directiva haberá que nomear un sucesor no seu antigo posto.

Artigo 3.- A vacante do Presidente cubrirase da seguinte maneira, se faltan menos de dous anos, seis meses e un día para o remate do período de cinco anos, adiántanse as eleccións da Xunta Directiva; se falta máis a elección do novo Presidente, que ostentará o cargo ata o remate dese período de cinco anos, farase do seguinte modo; reunirase ós socios en Asemblea Xeral Extraordinaria para elixilo, votando por calquera socio que poida ser elixido como tal, incluído o Presidente saínte, quedando proclamado o socio que obteña maioría de 2/3 dos votos. O elixido pode renunciar ó posto. As votacións serán presididas polo Vicepresidente e a Xunta Directiva.

Se o elixido pertence á Xunta Directiva haberá que nomear un sucesor no seu antigo posto.

Ata que se elixa un novo Presidente exercerá del o Vicepresidente, pero non poderá ordenar pagamentos nin facer efectivo o nomeamento de membros electos da Xunta Directiva, ademais de non ter voto de calidade en caso de empate nunha votación.

Artigo 4.- O socio/a ou membro/a da Xunta Directiva que non respecte nun acto, público ou privado, da asociación ou non, Reunión da Xunta Directiva ou Asemblea Xeral, a algún socio/a ou membro/a da Xunta Directiva, será apercibido polo Presidente; se non remite o seu comportamento será expulsado automaticamente da Asociación, sempre baixo o indicado nos artigos 8 e 9 dos Estatutos, pero perderán a condición de socio mentres non resolva a Asemblea Xeral.

Artigo 5.- Os membros da Xunta Directiva que sexan separados da Asociación perden automaticamente o seu cargo. Para separalos, agás ó Presidente, o procedemento é o mesmo que para os socios.

Artigo 6.- O Presidente só perde automaticamente o seu cargo por cometer algún delito ou unha infracción moi grave. De non suceder o anterior a súa destitución ten que ser aprobada polas 4/5 partes da Xunta Directiva e polas 3/5 partes da Asemblea Xeral, se a iniciativa parte da Xunta Directiva, ou só polas 3/5 partes da Asemblea Xeral se a iniciativa parte desta.

Na mesma Asemblea Xeral na que se produza a destitución débese elixir un novo Presidente, seguindo o dito no artigo 3 deste Regulamento de Réxime Interno.

Artigo 7.- O socio ou membro da Xunta Directiva, incluso o Presidente, que acumule tres procesos de expulsión queda automaticamente expulsado da Asociación. Nos casos recollidos neste artigo non ten validez o dito nos Estatutos ou noutros artigos deste Regulamento de Réxime Interno, polo que non poderá interpor recurso ante a Asemblea Xeral, xa que deberá ser expulsado inmediatamente ó abrirse o terceiro proceso de expulsión.

Transcorridos cinco anos e se é solicitado polo ex -socio, sempre que este aínda sexa menor de 30 anos, pode ser readmitido, a petición do Presidente, se así o deciden a Xunta Directiva e/ou a Asemblea Xeral.

Artigo 8.- A Xunta Directiva terá que realizar reunións periodicamente, non podendo transcorrer máis de cinco meses dende a última reunión celebrada.

Artigo 9.- En casos de urxencia o Presidente e/ou a Xunta Directiva poderán modificar algo aprobado pola Asemblea Xeral ou a Xunta Directiva. Esta decisión non será válida si se trata dun asunto extremadamente importante.

Artigo 10.- Calquera aspecto non contemplado neste Regulamento de Réxime Interno poderá ser incluído nel, sempre como un artigo novo, debendo ser aprobado por maioría absoluta pola Xunta Directiva e por maioría de 3/4 pola Asemblea Xeral. As modificacións dos artigos xa existentes deberán seguir o mesmo proceso pero sen ter que ser un artigo novo.

sábado, 15 de octubre de 2011

Finais I Aberto de Tenis de Dodro

No día de hoxe disputáronse a finais do I Aberto de Tenis de Dodro.
En Categoría Junior Mario Ferreirós venceu a Manuel Romero en dous sets 6-3 e 6-1



E na categoría Senior Alberto Mariño gañoulle a Lino Lago tamén por 6-3 e 6-1.


domingo, 2 de octubre de 2011

miércoles, 21 de septiembre de 2011

Resultados Torneo de Tenis

Grupo A


Lino - Alfonso (2-0)



1º - Lino


2º - Alfonso




Grupo B


Alberto -Francisco (2-0)

Francisco -Carlos (0-2)

Carlos-Alberto (0-2)




1º- Alberto

2º- Carlos

3º- Francisco

Grupos Torneo de Tenis

Grupo A

Lino Lago
Alfonso García
Diego Casal


Grupo B

Alberto Mariño
Carlos Señorís
Francisco Vidal

miércoles, 3 de agosto de 2011

I Aberto de Tenis de Dodro


Normas I Aberto de Tenis de Dodro

1) Haberá 3 categorias, Junior, para rapaces e rapazas entre os 10 e os 15 anos; Senior, a partir dos 16 anos; e Dobres, no que poderán participar persoas a partir dos 14 anos.
2) Xogarase en eliminatorias e/ou liguilla, dependendo do número de participantes. Todos os partidos serán ó mellor de 3 sets. Haberá Tie Break en todos os sets. Na categoria Junior ós sets serán a 4 xogos en lugar dos 6 habituais.
3)As tres categorias serán mixtas.
As outras regras son as normais nun torneo destas características.
A organización (AXCR “7 de xuño de 1836”) gárdase dereito de decisión en casos non contemplados nestas normas.

sábado, 16 de julio de 2011

I Mundialito de aldeas de Dodro

Normas mundialito de aldeas 2011

1) Cada equipo estará formado por 5 xogadores/as, 1 porteiro/a e 4 xogadores/as de campo, con idades comprendidas dende os 16 anos. Ademais pode ter 3 xogadores/as suplentes. Os equipos poden ser mixtos.
2) Xogarase en eliminatorias e/ou liguilla, dependendo do número de equipos. Todos os partidos, excepto a final que durará 50 minutos (25 cada parte), durarán 30 minutos (15 cada parte) máis 2 minutos de descanso. 3)Nas eliminatorias se existe empate ó final dos 30 minutos irase directamente ó lanzamento de penaltis, 4 por equipo. Na final xogaranse antes 5 minutos de prórroga sen partes a gol de ouro.
4)Nun partido a un equipo só lle poden expulsar, como máximo, 2 xogadores/as, se lle expulsan máis perde automaticamente o partido, se isto lle sucede ós dous equipos quedan os dous eliminados e elixirase un equipo para os sustituir entre os participantes. Os xogadores expulsados serán sancionados pola organización. 5)Os xogadores lesionados non poderán xogar o seguinte partido ( se se celebra ese mesmo día) para que non haxa trampas e por razóns de seguridade. 6)Cada equipo estará formado por xogadores da aldea, ou aldeas, que presente dito equipo. Cada equipo terá dúas prazas especiais, que poderán ocupar xogadores que non sexan da aldea, pero que por razóns familiares, amigos se poidan considerar desa aldea.
7) As aldeas grandes poderán ter máis dun equipo, pero haberá regras especiais no concernete ós enfrontamentos entre equipo da mesma aldea.
As outras regras son as normais nun torneo destas características.
A organización (AXCR “7 de xuño de 1836”) gárdase dereito de decisión en casos non contemplados nestas normas.

martes, 12 de julio de 2011

Actualidade da Asociación

A Asociación 7 de xuño de 1836 colaborou co concello de Dodro na liga de Fútbol 7 e na viaxe ás illas Cíes que organizou recentemente o concello de Dodro.
Deixovos unha fermosa foto das illas Cíes e coa foto do Toskana/Toffe/Revestimientos Fernández, gañador da liga de fútbol 7.

martes, 7 de junio de 2011

175 aniversario

Tal día coma hoxe fai 175 anos a Deputación da Coruña decidiu crear o concello de Dodro, partindo en dous o proxectado concello de Padrón, agrupando as parroquias de santa María de Dodro, san Xián de Laíño e san Xoán de Laíño.
Despois de tantos anos só queda felicitar ó concello de Dodro por estes 175 anos tan ben levados.

O dodrés máis importante da Historia

Despois de recibir durante seis meses os vosos votos, xa hai un resultado na enquisa que vos fixemos dende esta Asociación.
Despois de recontar os innumerables votos recibidos, os cales vos agradecemos, xa estamos en disposición de facer público o gañador.
Os seguidores deste blog decidiron, co 33% dos votos, que o dodrés máis importante da Historia sexa:
EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN