jueves, 25 de abril de 2013

Roteiros Culturais polo patrimonio de Dodro


Primeira xornada (3 de agosto ):   O patrimonio arquitectónico de Dodro
Adicaremoslle o día o coñecemento do patrimonio arquitectónico, especialmente da Idade Moderna, visitando as igrexas, pazos e capelas desta época. O roteiro sairá do pazo de Lestrove, pasando polos núcleos de Sta María de Dodro, Vigo, Tarrío e acabará en s. Xián de Laíño.
Segunda xornada (10 de agosto): O patrimonio etnográfico de Dodro
Na última xornada coñeceremos o patrimonio etnográfico e a arquitectura popular do concello, vendo hórreos, muíños, cruceiros, pombais, etc. O roteiro sería circular con inicio/final na aldea de Bexo, pasando por Imo, a Cruz de Avelán e Teaio
Terceira xornada (17 de agosto): As mámoas de Dodro
Centraremonos no coñecemento do patrimonio megalítico municipal (mámoas), falando dos xacementos máis importantes deste momento, a necrópole da Paradegua (GA15033005, GA15033010, GA15033011 e GA15033012), e visitando outros dous xacemento senlleiros desta época, concretamente a necrópole da Mina Balouta con dous túmulos (GA15033003 e GA15033022), nesta visita realizaremos prácticas ensinando a cubrir as fichas normativas de catalogación de xacementos. A visita a necrópole farase a pe saíndo da Paxareira.
Cuarta xornada (24 de agosto):Os petróglifos de Dodro
Coñeceremos o patrimonio da Idade do Bronce (petróglifos), visitando o xacemento máis senlleiro desta época, concretamente os petróglifos de Bouza Abadín (Ga15033008), nesta visita realizaremos prácticas ensinando a facer calcos sobre petróglifos. A visita a Bouza Abadín partirá dende a aldea de Imo.
Quinta xornada (31 de agosto ): Os castro de Dodro
Coñeceremos o patrimonio da Idade do Ferro (castros), visitando algúns xacementos desta época o castro de Traxeito (GA15033006) ou de Imo-Castro (GA15033002), nestas visitas realizaremos practicas de deseño de campo (croques de xacementos). A ruta dos castros partirá de (Laíño ou Imo). Como colofón faremos, entre os participantes, unha posta en común na que se recolla en forma de enquisa as opinións sobre o estado actual e o futuro do patrimonio cultural municipal. Os resultados xunto cos calcos e croques serán remitidos á AXCR “7 de xuño de 1836” e ó concello de Dodro.
Destinatarios: xoves entre 15 e 30 anos de Dodro e arredores.