lunes, 17 de octubre de 2011

Regualmento de Réxime Interno

Artigo 1.- Os cargos que compoñen a Xunta Directiva desenvolveranse en períodos de cinco anos, prorrogables salvo decisión dos 2/3 da Asemblea Xeral, dimisión da Xunta Directiva ou do Presidente. Ó fin dos cinco anos realizarase unha convocatoria de Asemblea Xeral Extraordinaria, na que se elixirán todos os cargos da Xunta Directiva, necesitando maioría de 2/3 para a súa elección.


Os membros da Xunta Directiva, así como toda ela, poderán dimitir cando queiran, dimisión que deberá aprobar a Asemblea Xeral con maioría absoluta. Os membros da Xunta Directiva cesan automaticamente o día antes de cumprir 30 anos.

Artigo 2.- No caso de vacante dun ou varios membros da Xunta Directiva, agás a do Presidente, cubrirase o posto ou postos da seguinte forma. Os socios interesados presentarán a súa candidatura a ese posto á Xunta Directiva, elixindo esta, de entre todas elas, un máximo de tres candidaturas, que serán presentadas ós socios en Asemblea Xeral Extraordinaria para que elixan, con maioría de 2/3 a un deles. No caso de haber unha soa candidatura os socios votarán se a aceptan ou non.

Se o elixido pertence á Xunta Directiva haberá que nomear un sucesor no seu antigo posto.

Artigo 3.- A vacante do Presidente cubrirase da seguinte maneira, se faltan menos de dous anos, seis meses e un día para o remate do período de cinco anos, adiántanse as eleccións da Xunta Directiva; se falta máis a elección do novo Presidente, que ostentará o cargo ata o remate dese período de cinco anos, farase do seguinte modo; reunirase ós socios en Asemblea Xeral Extraordinaria para elixilo, votando por calquera socio que poida ser elixido como tal, incluído o Presidente saínte, quedando proclamado o socio que obteña maioría de 2/3 dos votos. O elixido pode renunciar ó posto. As votacións serán presididas polo Vicepresidente e a Xunta Directiva.

Se o elixido pertence á Xunta Directiva haberá que nomear un sucesor no seu antigo posto.

Ata que se elixa un novo Presidente exercerá del o Vicepresidente, pero non poderá ordenar pagamentos nin facer efectivo o nomeamento de membros electos da Xunta Directiva, ademais de non ter voto de calidade en caso de empate nunha votación.

Artigo 4.- O socio/a ou membro/a da Xunta Directiva que non respecte nun acto, público ou privado, da asociación ou non, Reunión da Xunta Directiva ou Asemblea Xeral, a algún socio/a ou membro/a da Xunta Directiva, será apercibido polo Presidente; se non remite o seu comportamento será expulsado automaticamente da Asociación, sempre baixo o indicado nos artigos 8 e 9 dos Estatutos, pero perderán a condición de socio mentres non resolva a Asemblea Xeral.

Artigo 5.- Os membros da Xunta Directiva que sexan separados da Asociación perden automaticamente o seu cargo. Para separalos, agás ó Presidente, o procedemento é o mesmo que para os socios.

Artigo 6.- O Presidente só perde automaticamente o seu cargo por cometer algún delito ou unha infracción moi grave. De non suceder o anterior a súa destitución ten que ser aprobada polas 4/5 partes da Xunta Directiva e polas 3/5 partes da Asemblea Xeral, se a iniciativa parte da Xunta Directiva, ou só polas 3/5 partes da Asemblea Xeral se a iniciativa parte desta.

Na mesma Asemblea Xeral na que se produza a destitución débese elixir un novo Presidente, seguindo o dito no artigo 3 deste Regulamento de Réxime Interno.

Artigo 7.- O socio ou membro da Xunta Directiva, incluso o Presidente, que acumule tres procesos de expulsión queda automaticamente expulsado da Asociación. Nos casos recollidos neste artigo non ten validez o dito nos Estatutos ou noutros artigos deste Regulamento de Réxime Interno, polo que non poderá interpor recurso ante a Asemblea Xeral, xa que deberá ser expulsado inmediatamente ó abrirse o terceiro proceso de expulsión.

Transcorridos cinco anos e se é solicitado polo ex -socio, sempre que este aínda sexa menor de 30 anos, pode ser readmitido, a petición do Presidente, se así o deciden a Xunta Directiva e/ou a Asemblea Xeral.

Artigo 8.- A Xunta Directiva terá que realizar reunións periodicamente, non podendo transcorrer máis de cinco meses dende a última reunión celebrada.

Artigo 9.- En casos de urxencia o Presidente e/ou a Xunta Directiva poderán modificar algo aprobado pola Asemblea Xeral ou a Xunta Directiva. Esta decisión non será válida si se trata dun asunto extremadamente importante.

Artigo 10.- Calquera aspecto non contemplado neste Regulamento de Réxime Interno poderá ser incluído nel, sempre como un artigo novo, debendo ser aprobado por maioría absoluta pola Xunta Directiva e por maioría de 3/4 pola Asemblea Xeral. As modificacións dos artigos xa existentes deberán seguir o mesmo proceso pero sen ter que ser un artigo novo.

sábado, 15 de octubre de 2011

Finais I Aberto de Tenis de Dodro

No día de hoxe disputáronse a finais do I Aberto de Tenis de Dodro.
En Categoría Junior Mario Ferreirós venceu a Manuel Romero en dous sets 6-3 e 6-1



E na categoría Senior Alberto Mariño gañoulle a Lino Lago tamén por 6-3 e 6-1.


domingo, 2 de octubre de 2011