viernes, 31 de diciembre de 2010

Anxo Angueira Viturro

Anxo Angueira Viturro, naceu en Manselle, no concello de Dodro, en 1961. Sempre vinculado á súa vila natal, viviu dous anos da súa infancia en Asados ata que se trasladou a Padrón onde realizou os estudos de Bacharelato. Foi no instituto onde tivo o primeiro contacto coa literatura galega da man do seu mestre de lingua española, Bernardino Graña, quen lle inculcou o amor pola lingua do país e lle deu as primeiras leccións de literatura. Gañou algúns premios en concursos literarios, de poesía e narrativa, organizados no propio instituto.

Despois destes primeiros anos de formación e concienciación, ingresa na Universidade de Santiago de Compostela, onde realiza estudos de Filoloxía Hispánica coa especialidade en lingua galega. Na época universitaria seguiu residindo en Padrón, onde traballaba.

Actualmente traballa como profesor de lingua e literatura galegas no I.E.S. do Meixoeiro e na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.

Publicou diferentes ensaios e artigos de investigación literaria. Participou na fundación e na elaboración do manifesto das Redes Escarlata e colaborou en O Xornal, publicación da CUT, e na revista A Trabe de Ouro. Foi coordinador do premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón.

Durante o ano 2008 participou no espectáculo Rosalía 21, unha revisitación en clave de jazz da poesía de Rosalía de Castro, xunto o pianista Abe Rábade e a cantante Guadi Galego.
Obra
[editar] Narrativa
Bágoas de facer illas (1997)
Pensa Nao (1999)
A morte de A. (2003)
[editar] Poesía
Val de Ramirás (1989)
O valo de Manselle (1996)
Libro da vertixe (1996)
Fóra do sagrado (2007)
[editar] Crítica e estudos literarios
Guía de lectura de Con Pólvora e Magnolias (Edicións do Cumio, 1992)
De Rosalía a Dieste. 33 anos das letras (1999)
Edición crítica de Poesía enteira de Heriberto Bens (1999)
Introducción e antoloxía de La poésie galicienne de 1936 à 1990 (1999)
Obras Colectivas
"Redondela" en Unha liña no ceo. 58 narradores galegos 1979-1996 (1996)
"O cura de Fruíme" en Materia prima. Narrativa galega contemporánea (2002)
Rosalía de Castro: antoloxía. Rosalía de Castro; limiar de Xosé Luís Méndez Ferrín; introdución e selección de textos de Anxo Angueira (2003)
"Rebelados" en Narradio. 56 historias no ar (2003)
Bocarribeira: poemas pra ler e queimar. Ramón Otero Pedrayo; edición e limiar, Anxo Angueira; ilustración, Reimundo Patiño (2005)
Premios recibidos
Accésit Premio Esquío 1988, polo poemario Val de Ramirás
Gañador do certame poético Ruta do Mar de Arousa e río Ulla con "O mar e o río do regreso" (1992)
Accésit do premio de poesía Camiño de Santiago polo poema "O valo de Manselle" (1994)
Premio Café Dublín 1996, polo libro de relatos Bágoas de facer illas.

Eusebio Lorenzo Baleirón

Eusebio Lorenzo Baleirón, naceu en Laíño (Dodro) en 1962 e finou, tamén en Laíño, en 1986 .Estudou en Santiago de Compostela, onde se licenciou en Filoloxía Galego-Portuguesa en 1985. Colaborou como ensaísta na revista Grial con estudos sobre a poesía de Aquilino Iglesia Alvariño, Nuno Júdice e Álvaro Cunqueiro. Destacou na súa faceta poética, que se viu recoñecida por varios premios obtidos en diferentes certames. En 1985 sacaría á luz dous poemarios: Os días olvidados e O corpo e as sombras, a esa altura publica tamén un libro de narrativa xuvenil: O libro das viaxes e dos soños. A morte prematura impediulle ver editado o que sería o seu terceiro poemario, A morte presentida, que foi publicado postumamente en 1988.
No décimo aniversario da morte do poeta, edítase a súa obra poética completa: Gramática do silencio. Obra poética. Así mesmo, en 2000 saíu á luz Antología Poética, unha antoloxía bilingüe galego-español baixo o coidado de Ánxeles Penas.
Obra:
Os días olvidados (1985).
O corpo e as sombras (1985).
Libro das viaxes e dos soños (1985).
A morte presentida (1988).
Gramática do silencio. Obra poética (1995).
Antología Poética (2000).
Na súa honra o concello de Dodro celebra anualmente o Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, un dos premios poéticos máis importantes de Galicia e da literatura galega.

miércoles, 15 de diciembre de 2010

Felicitación de Nadal

Dende a Asociación Xuvenil Cultural -Recreativa "7 de xuño de 1836" queremos desexarvos a todos Feliz Nadal e Próspero Ano 2011.



martes, 7 de diciembre de 2010

Nomeamento de Socio de Honra

Na Reunión da Xunta Directiva da Asociación, celebrada o pasado venres 3 de decembro, decidiuse por unanimidade nomear ó deportista dodrés Uxio Abuín Ares Socio de Honra desta asociación. O seu logro deportivo máis importante ata o momento é o Junior Duatlón World Championship (Campionato do Mundo Junior de Duatlón) deste ano 2010.

lunes, 2 de agosto de 2010

Normas I Torneo XOVEN de Fútbol

1) Cada equipo estará formado por 5 xogadores/as, 1 porteiro/a e 4 xogadores/as de campo, con idades comprendidas dende os 16 ata os 40. Ademais pode ter 3 xogadores/as suplentes. Os equipos poden ser mixtos.
2) Xogarase en eliminatorias e/ou liguilla, dependendo do número de equipos. Todos os partidos, excepto a final que durará 50 minutos (25 cada parte), durarán 30 minutos (15 cada parte) máis 2 minutos de descanso.
3) Nas eliminatorias se existe empate ó final dos 30 minutos irase directamente ó lanzamento de penaltis, 4 por equipo. Na final xogaranse antes 5 minutos de prórroga sen partes a gol de ouro.
4) Nun partido a un equipo só lle poden expulsar, como máximo, 2 xogadores/as, se lle expulsan máis perde automaticamente o partido, se isto lle sucede ós dous equipos quedan os dous eliminados e elixirase un equipo para os sustituir entre os participantes. Os xogadores expulsados serán sancionados pola organización.
5) Os xogadores lesionados non poderán xogar o seguinte partido ( se se celebra ese mesmo día) para que non haxa trampas e por razóns de seguridade.
6) Cada equipo xogará máis dun encontro ó día.
As outras regras son as normais nun torneo destas características.
A organización (AXCR “7 de xuño de 1836”) gárdase dereito de decisión en casos non contemplados nestas normas. Igual sucede coas coincidencias de nomes nos equipos.

I TORNEO XOVEN DE FÚTBOL

A Asociación Xuvenil Cultural -Recreativa "7 de xuño de 1836" organizará nos meses de setembro e outubro o I Torneo Xoven de Fútbol. A inscrición farase, ata o 24 de setembro, no teléfono 628571902 (entre as 13 e as 16 horas e entre as 20 e as 22 horas) ou no correo dodro_7xunio1836@hotmail.com. A cota de inscrición será de 32€ por equipo, cota que se debe ingresar na conta: 2091-0329-11-3000043945 de Caixagalicia.
O torneo comezará os días 1 e 2 de outubro xogarase os venres á noite e os sábados á tardiña no pabellón de Dodro. O torneo como moito durara tres fins de semana, polo que cada equipo xogará máis dun partido ó día.
O día 25 de setembro celebrarase o sorteo do torneo, a a noitiña e na aldea de Bexo.

domingo, 4 de julio de 2010

Roteiro patrimonial de sendeirismo por Imo e Bexo

O próximo domingo 18 de xullo, a partir das 5 da tarde a asociación 7 de xuño de 1836 organiza un roteiro de sendeirismo polo patrimonio arqueolóxico das aldeas de Imo e Bexo. Sairase do aparcadoiro dos Xuncos á hora dita, 5 da tarde, pasando polo castro de Imo -Castro, os petroglifos de Bouza Abadín e os dous do Padronelo, para rematar no castro de Bexo, dende o que descenderemos ata a aldea de Bexo.
Todo aquel que estea interesado en asistir que estea á hora indicada no lugar de saída. Sería recomendable levar roupa e calzados cómodos e gorra; si se quere tamén se pode levar unha cámara fotográfica para retaratar os monumentos e as expléndidas vistas.