viernes, 31 de diciembre de 2010

Eusebio Lorenzo Baleirón

Eusebio Lorenzo Baleirón, naceu en Laíño (Dodro) en 1962 e finou, tamén en Laíño, en 1986 .Estudou en Santiago de Compostela, onde se licenciou en Filoloxía Galego-Portuguesa en 1985. Colaborou como ensaísta na revista Grial con estudos sobre a poesía de Aquilino Iglesia Alvariño, Nuno Júdice e Álvaro Cunqueiro. Destacou na súa faceta poética, que se viu recoñecida por varios premios obtidos en diferentes certames. En 1985 sacaría á luz dous poemarios: Os días olvidados e O corpo e as sombras, a esa altura publica tamén un libro de narrativa xuvenil: O libro das viaxes e dos soños. A morte prematura impediulle ver editado o que sería o seu terceiro poemario, A morte presentida, que foi publicado postumamente en 1988.
No décimo aniversario da morte do poeta, edítase a súa obra poética completa: Gramática do silencio. Obra poética. Así mesmo, en 2000 saíu á luz Antología Poética, unha antoloxía bilingüe galego-español baixo o coidado de Ánxeles Penas.
Obra:
Os días olvidados (1985).
O corpo e as sombras (1985).
Libro das viaxes e dos soños (1985).
A morte presentida (1988).
Gramática do silencio. Obra poética (1995).
Antología Poética (2000).
Na súa honra o concello de Dodro celebra anualmente o Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, un dos premios poéticos máis importantes de Galicia e da literatura galega.

No hay comentarios:

Publicar un comentario