viernes, 31 de diciembre de 2010

Anxo Angueira Viturro

Anxo Angueira Viturro, naceu en Manselle, no concello de Dodro, en 1961. Sempre vinculado á súa vila natal, viviu dous anos da súa infancia en Asados ata que se trasladou a Padrón onde realizou os estudos de Bacharelato. Foi no instituto onde tivo o primeiro contacto coa literatura galega da man do seu mestre de lingua española, Bernardino Graña, quen lle inculcou o amor pola lingua do país e lle deu as primeiras leccións de literatura. Gañou algúns premios en concursos literarios, de poesía e narrativa, organizados no propio instituto.

Despois destes primeiros anos de formación e concienciación, ingresa na Universidade de Santiago de Compostela, onde realiza estudos de Filoloxía Hispánica coa especialidade en lingua galega. Na época universitaria seguiu residindo en Padrón, onde traballaba.

Actualmente traballa como profesor de lingua e literatura galegas no I.E.S. do Meixoeiro e na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.

Publicou diferentes ensaios e artigos de investigación literaria. Participou na fundación e na elaboración do manifesto das Redes Escarlata e colaborou en O Xornal, publicación da CUT, e na revista A Trabe de Ouro. Foi coordinador do premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón.

Durante o ano 2008 participou no espectáculo Rosalía 21, unha revisitación en clave de jazz da poesía de Rosalía de Castro, xunto o pianista Abe Rábade e a cantante Guadi Galego.
Obra
[editar] Narrativa
Bágoas de facer illas (1997)
Pensa Nao (1999)
A morte de A. (2003)
[editar] Poesía
Val de Ramirás (1989)
O valo de Manselle (1996)
Libro da vertixe (1996)
Fóra do sagrado (2007)
[editar] Crítica e estudos literarios
Guía de lectura de Con Pólvora e Magnolias (Edicións do Cumio, 1992)
De Rosalía a Dieste. 33 anos das letras (1999)
Edición crítica de Poesía enteira de Heriberto Bens (1999)
Introducción e antoloxía de La poésie galicienne de 1936 à 1990 (1999)
Obras Colectivas
"Redondela" en Unha liña no ceo. 58 narradores galegos 1979-1996 (1996)
"O cura de Fruíme" en Materia prima. Narrativa galega contemporánea (2002)
Rosalía de Castro: antoloxía. Rosalía de Castro; limiar de Xosé Luís Méndez Ferrín; introdución e selección de textos de Anxo Angueira (2003)
"Rebelados" en Narradio. 56 historias no ar (2003)
Bocarribeira: poemas pra ler e queimar. Ramón Otero Pedrayo; edición e limiar, Anxo Angueira; ilustración, Reimundo Patiño (2005)
Premios recibidos
Accésit Premio Esquío 1988, polo poemario Val de Ramirás
Gañador do certame poético Ruta do Mar de Arousa e río Ulla con "O mar e o río do regreso" (1992)
Accésit do premio de poesía Camiño de Santiago polo poema "O valo de Manselle" (1994)
Premio Café Dublín 1996, polo libro de relatos Bágoas de facer illas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario