jueves, 31 de julio de 2014

Espazos para a Xuventude

Os catro días distribuiranse da seguinte maneira:

Primeira xornada (9 de agosto ): Obtención de datos para crear o roteiro
              Adicaremoslle o día a percorrer a zona na  que se creará o roteiro para decidir o trazado deste e os distintos puntos de interese a destacar nel. Tamén se tomarán fotos, para seren despois, no caso de ser necesario, utilizadas na confección dos carteis. Sairase da aldea de Imo.

Segunda xornada (23 de agosto): Realización dos carteis e os folletos
Nesta xornada, que se realizará no Salón de Actos de A Paxareira, elaboraranse as distintas propostas para os carteis e os folletos do roteiro. Antes da confección das propostas o experto en fotografía e o experto en deseño darán unha charla sobre o deseño destes. Na mesma elixirase ó deseño final de carteis e folletos.

Terceira xornada (13 de setembro): Plantación das árbores
Este día levarase a cabo a plantación das árbores no lugar habilitado para o efecto. As especies a plantar serán decididas previamente polos asistentes á actividade. Sairase da aldea de Bexo.



Cuarta xornada (4 de outubro): Creación do roteiro
Na última xornada instalaranse no seu sitio os carteis e demais indicadores do roteiro.    Finalmente farase o roteiro a pé. Sairase de Bexo  ou Imo.

Como colofón faremos, entre os participantes, unha posta en común na que se recolla, en forma de enquisa, as opinións sobre a actividade e o roteiro creado.

Expedirase xustificante de asistencia á actividade a quen o solicite.


Haberá que anotarse para participar ata o día 8 de agosto no correo: dodro_7xunio1836@hotmail.com
ou na conta de Facebook da asociación

No hay comentarios:

Publicar un comentario